domingo, 18 de octubre de 2015

A vida nos catros galaicos


Gustaríame falaros de como era a vida antigamente nos castros.
No exterior podemos observar que hai como unha especie de vestíbulo no que alí tiñan un forno onde cocían a comida.
Os cidadáns que habitaban alí, fabricaban os seus instrumentos e xoias. A cerámica moldeada a man, continuaba sendo de uso común. Para cocer as pezas mais finas usaban un forno cerámico especializado.







Respecto a súa forma de vida poderiamos dicir que a actividade textil estaba a cargo das mulleres. Pra preservar o gran da humidade fabricaban capazos de mimbre.
 Para moitas comunidades do noroeste, a actividade bélica ocupou un lugar destacado na sua vida xa que desde xovenes preparabanse para a guerra. Os forxadores tiñan un papel moi importante, a guerra e a defensa ante os bens comunais da villaxe, otórgalles un estatus especial, de eles depende a producción e a mellora das armas. Tamén, grazas a eles se expandíu a agricultura grazas á fabricación de ferramentas de labranza.
Os guerreiros galaicos ceñían un puñal ao cinto e levaban unha espada ou unha lanza, e un escudo, se protexían con cascos e corazas e se adornaban con torques ou brazaletes.
Os castros perfeccionaron o seu aparato defensivo a base de fosos que rodeaban a muralla e tamén reforzáronse as defensas na portas de acceso con muros e torreóns, estaban construidos para ver e ser vistos. 

Os habitantes dos castros tiñan ceremonias iniciativas: para ser aceptados coma guerreiros, o xóvenes tiñan que superar unha proba, como a caza de un animal salvaxe, coma un oso ou xabarí ou matar a algún inimigo.
A pesar do igulitarismo púdose comprobar que as sociedades están xerarquizadas e non o todos os membros da comunidade tiñan o mesmo estatus social ou económico ca outros.
Os cabalos pra eles era un simbolo de importancia e riqueza. Non se alimentaban deles, pero sí que os utilizaban pra guerras e os sacrificios.
Os xovenes castreños eran hábiles en emboscadas e exploracións, e tamén eran lixeiros e capaces de escapar do perigo.
Na maioría das sociedades castreñas os integrantes eran autosuficicentes para cubrir as súas necesidades básicas, incluso tiñan a capacidade de producir excedentes. Nos seus corrais criaban animais domésticos coma coellos, cerdos...

Grazas ao curtido de peles de animais facían todo tipo de accesorios da vestimenta ou calzado.


A súa relixión
Respecto a súa relixión; Ocultos nos bosques, atopábanse os santuarios castrexos que estaban dedicados ao deus Lug. En lugares preto dos ríos practicábanse rituais de ofrendas de armas dedicados á deusa Navia, que estaba vinculada á idea da reencarnación.
O DEUS LUG
A DEUSA NAVIA
Crían en deuses facedores do mundo, en divinidades relacionadas coa guerra e a forza. Existía unha clase sacerdotal especializada con gran influencia sobre a comunidade. Chamanes e adivinos eran consultados e reverenciados por ser homes sagrados portadores do coñecemento arcano que crían ver mais alá do mundo  dos vivos. A súas prediccións eran seguidas por nobres e guerreiros. Case todos os aspectos da vida, tiñan unha dimensión maxica-relixiosa.

Espero que despois de ler isto, sepades un pouquiño mais de como era a vida dos castros galaicos.