domingo, 31 de enero de 2016

Concepción Arenal

-Oes mami, unha pregunta.

-Dime filla.

-Ti sabes por qué o instituto ao que vou eu ten ese nome?

-Cal nome? te refires a concepción arenal?

-Sí! ese mesmo!

-Pois fai referencia a unha muller moi importante.

-E que fixo para ser tan importante?

-Queres que che conte a súa historia?

-Sí por favor!

-Pois ponte cómoda que que vou comenzar

* Séntanse as dúas*

-O nome desa muller é Concepción Arenal

Resultado de imagen de concepcion arenal joven
DE XOVEN

DE MAIOR
Ela era unha muller galega, que naceu en Ferrol. De feito foi a primeira muller española en entrar na universidade sen estar matriculada.

-E iso que ten de importante?

- Pois que naquela época a educación universitaria feminina non estaba permitida, polo tanto para poder asistir tivo que vestirse de home

-En serio? e que mais cousas fixo?

-Pois un dos actos que caberían destacar dela é que fundou sociedades caricativas, visitou e inspeccionou as prisións e púxose ao fronte dalgúns hospitais durante a guerra civil. Tamén foi secretaria xeral da asociación da cruz vermella e encargouse de repartir limosnas e incluso ela mesma realizou admirables obras beneficas.
Pero para saber máis sobre ela, non cres que será mellor que me preguntes ti o que queres saber?

- Paréceme boa idea!

-Pois veña! Comeza.

-Escribiu algunha obra importante? cal? e por que a escribiu?

-Por suposto! escribiu varias. Unha delas é " O visitador do pobre". É un libro no cal se fundamentou e inspirouse na atención domiciliaria no noso país en España. A finalidade que ten o libro é fundamentar unha vía de escape ou unha solución para facer que esa labor de atención comunitaria sexa levada tanto á familia como á comunidade.

              

-Que interesante! Destaca algún outro libro?

-Claro que si! é " A beneficencia, a filantropía e a caridade". Con este libro coseguiu converterse na primeira muller en recibir o premio da real academia de ciencias morais e políticas. Neste libro o que pretendía conseguer era facer unha pequena crítica á lexislación da beneficencia, no cal ela quere marcar o que a lexislación di que non dispón do necesario e non señala recursos para prever e axudar a que esa lexislación vaia cara adiante. Entón o seu obxectivo era reflexar as ideas que ela considera optimas para poder realizar un cambio social con respecto á sociedade, e así todo mundo entendería aos pobres, aos reclutos, etc.


                          

-Increíble! Antes mencionaches algo sobre que visitou cárceres ou algo así. Poderías falarme diso?

- Ai filla! iso cóntocho outro día que agora temos que irnos... pero espero que te gustase o que che contei sobre ela.

- Encantóume! Parcéume moi interesante..

- Alégrome filla, alégrome..