domingo, 13 de marzo de 2016

Xulia Minguillón

Resultado de imagen de julia minguillon
Xulia Minguillón
Xulia Minguillón foi unha das pintoras mási recoñecidas na España da posguerra.
 Os primeiros contactos coa pintura datan da época na que  estudaba o bacharelato. 
Cando volve a Lugo con 17 anos, en 1923, fai o retrato dun coñecido vendedor de xornais, Cascarilla. O lenzo, exposto nun escaparate local, tivo un grande éxito.

Resultado de imagen de cascarilla retrato
Cascarilla
 Orienta os estudos cara á escultura pero un desengano lévaa a optar pola pintura.
 Iniciou relacións co redactor-xefe de El Progreso, Francisco Leal Insua, co que casa o 8 de decembro de 1939.

Xuntos marchan a Lugo. Alí pinta e participa na organización de actividades culturais da Sección Feminina, pero pronto inicia un percorrido vital determinado polos destinos profesionais de Francisco: Vigo desde 1948 e Madrid en 1961. 


A artista é a única muller que obtivo a primeira medalla de Primeira Clase nunha Exposición Nacional de Belas Artes.

A súa obra máis coñecida é A escola de Doloriñas

Resultado de imagen de a escola de doloriñas


Traballou coa paisaxe, os retratos, escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. O resultado defínese polo excepcional dominio técnico, a constante preocupación polas composicións equilibradas, os puntos de vista elevados e o uso de cores suavemente integradas. 

Son cadros en que non esquece a realidade, que é a fonte de inspiración, nin a figura que ás veces xeometriza, cun claro protagonismo feminino. A súa é unha realidade peneirada na que o espectador non ve nin miseria, nin amargura; algúns denomínana estética da felicidade.


Resultado de imagen de a tyla e mais eu
A Ty la e mais eu
Resultado de imagen de pepiña na fonte
Pepiña na fonte
Moitas das súas encargas eran de fillas e esposas destacadas na elite dos anos corenta e cincuenta das cidades onde viviu (Clementina Bussman, as irmáns Regojo, etc.).

Tamé fixo outras como:
gal_71_10.jpg
A espera

Obra La niña y la mariposa. Julia Minguillón
La niña y la mariposa


Retrato de prometida

            



Mercedes Núñez

A persoa da qe vou falar é unha heroína para mín. Pero non porque salvou ao mundo nin porque loitou contra o mal, senón porque foi unha das mulleres que sobrevivíu aos encerramentos fascistas.

Nacida en 1911, Mercedes Núñez afíliase de nova ás Xuventudes Socialistas e no 1936, ano da súa creación, ao PSUC. Para o partido traballaría na sede da Pedrera e desenvolvería tamén labores administrativos no consulado de Chile cando Pablo Neruda estaba á súa fronte. 

Resultado de imagen de mercedes nuñez
Mercedes Núñez
Resultado de imagen de mercedes nuñez



Cando Barcelona está asediada polos golpistas, Mercedes foxe a Galicia, convencida de que as súas orixes serían o acaído acubillo para salvarse da represión. Trabúcase na decisión e en 1939 detéñena na rúa Real da Coruña, pasa polo cárcere de Betanzos e A Coruña até ingresar no madrileño penal de Ventas o 7 de marzo de 1940. Na súa condena consta a acusación de "axuda á rebelión".



 Por un erro no procedemento, sae en liberdade o 19 de xaneiro de 1942 e promete non volver pisar un cárcere de Franco. Pero antes, Mercedes  é novamente detida e comeza a terrible peregrinaxe que a levará ao campo de concentración de Ravensbrück, o terrorífico destino onde máis de cen mil mulleres pasaron os días peores da súa vida e unhas noventa mil atoparon alí a fin das súas biografías. 

Resultado de imagen de ravensbrück
RAVENSBRÜCK

      Resultado de imagen de ravensbrück




En Ravensbrück Mercedes vive á beira da morte, intentando sobrevivir cada día ás duras condicións do campo nazi, ao terrorífico appel (horas interminables en posición de firmes á intemperie). Destinada a unha fábrica de armamento, Mercedes ten aínda forzas para sabotar o proceso de produción, coa idea de gañar terreo para unha guerra da que ela aínda se sente combatente.

 A liberación colle a Mercedes Núñez na enfermaría, xusto nos días en que se prevía o seu traslado á cámara de gas. Lembra ela como moitos dos deportados agardaron ese día co último fío de vida para morrer en canto se sentiron liberados. Non foi o seu caso, Mercedes sae do horror nazi e, despois de pasar por varios sanatorios e centros de repouso, continúa o seu exilio en París.

Resultado de imagen de ravensbrück



Resultado de imagen de cáMARA de gas
Cámara de gas

Sobre o terror do campo de Ravensbrück escribiría Mercedes Núñez o libro en catalán Els carretó dels gossos, un exemplo de literatura memorialística concentracionaria. O exilio de Mercedes só remata coa morte de Franco; é entón cando atravesa de novo a fronteira e vive primeiro dacabalo entre Barcelona e Galiza, para instalarse definitivamente en Vigo, onde pasaría os últimos anos da súa vida. 

Resultado de imagen de Els carretó dels gossos,
Tanto na súa estadía en París como no regreso á terra, Mercedes continuaría coa súa militancia comunista, traballando de xeito activo tanto en campañas como na actividade habitual da organización. Como representante en Galicia da asociación Amical de Mauthausen (creada na clandestinidade en 1962) percorre centros de ensino e asociacións contando a súa experiencia no campo en actos en que proxecta a película Noite e néboa de Renais.

Resultado de imagen de asociación amical de mauthausen

 A loita de Mercedes é agora para que nunca máis se repita todo o que ela viviu. Aos poucos, tarefa súa será tamén ir recolectando os nomes dos galegos que estiveron nos campos de concentración. Morre en Vigo o 4 de agosto de 1986 sen conseguir que as institucións galegas recoñecesen o papel dos deportados pero despois de ter contribuído coma ninguén a que a verdade e a xustiza triunfasen sobre o exterminio que ela coñecera tan de cerca.