Xulia Minguillón |
Os primeiros contactos coa pintura datan da época na que estudaba o bacharelato.
Cando volve a Lugo con 17 anos, en 1923, fai o retrato dun coñecido vendedor de xornais, Cascarilla. O lenzo, exposto nun escaparate local, tivo un grande éxito.
Cascarilla |
Iniciou relacións co redactor-xefe de El Progreso, Francisco Leal Insua, co que casa o 8 de decembro de 1939.
Xuntos marchan a Lugo. Alí pinta e participa na organización de actividades culturais da Sección Feminina, pero pronto inicia un percorrido vital determinado polos destinos profesionais de Francisco: Vigo desde 1948 e Madrid en 1961.
Xuntos marchan a Lugo. Alí pinta e participa na organización de actividades culturais da Sección Feminina, pero pronto inicia un percorrido vital determinado polos destinos profesionais de Francisco: Vigo desde 1948 e Madrid en 1961.
A artista é a única muller que obtivo a primeira medalla de Primeira Clase nunha Exposición Nacional de Belas Artes.
A súa obra máis coñecida é A escola de Doloriñas
Traballou coa paisaxe, os retratos, escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. O resultado defínese polo excepcional dominio técnico, a constante preocupación polas composicións equilibradas, os puntos de vista elevados e o uso de cores suavemente integradas.
Son cadros en que non esquece a realidade, que é a fonte de inspiración, nin a figura que ás veces xeometriza, cun claro protagonismo feminino. A súa é unha realidade peneirada na que o espectador non ve nin miseria, nin amargura; algúns denomínana estética da felicidade.
A Ty la e mais eu |
Pepiña na fonte |
Tamé fixo outras como:
A espera |
La niña y la mariposa |
No hay comentarios:
Publicar un comentario