Tamén é moi famosa polas súas praias. As súas hermosas, e estupendas praias...
Pero nunca vos parastes a pensar como sería Galicia dentro duns anos? Se esa vexetación seguirá sendo tan abundante? Non? Pos eu si!É certo que é abundante en vexetación, pero tamén é certo que antes aínda o era moito máis. O que quero dicir con isto é que co tempo esa vexetación vai desaparecer... ao igual que moitas cousas.
Eu recordo que cando era pequena sempre ía recoller patacas coa miña aboa. Era como unha tradición nosa, que co temppo foise perdendo e deixando no olvido. E iso máis que poñerme triste, preocúpame.
Preocúpame deixar no olvido non so as tradicións senón aos meus seres máis queridos, co paso do tempo.
E o gañego? A nosa lingua? Desaparecerá por completo. Xa hoxe en día poucas son as persoas que estan a falar galego (ou polo menos na miña zona). Pois esta claro que dentro duns anos xa non quedará nin rastro do galego, e todo o mundo falará castelá.
Isto é porque os rapaces que estamos agora empregamos o castelá, ou polo menos a maioría, entón cando medremos e teñamos fillos, a lingua que lles ensinaremos non será o galego, senón o castelá. E estes faran o mesmo con seus fillos e asi sucesivamente.
A verdade, dame un pouco de pena que se deixe de falar, xa que é algo noso, algo que nos identifica, non sei, non sei explicalo, pero dóeme, dóeme moito.
Os prados verdes, as praias bonitas, as montañas, os bosques.... todo iso desaparecerá, e non nun futuro moi lonxe. A primeira causa diso sería a contaminacíon, xa que cada vez vai a máis.
PRAIAS CONTAMINADAS |
BOSQUES CONTAMINADOS |
PUEBLO DE GALICIA |
Dentro duns anos será así
"PUEBLO" DE GALICIA |
Pero coma xa dixen antes, o que mais me preocupa, non é o cambio físico de Galicia, senón que deixe de levarme cos meus amigos ou incluso familiares. Mais que preocuparme, teño medo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario