domingo, 22 de mayo de 2016

O que Galicia significa pra min.

Hola, chámome Ana, e levo vivvindo e Galicia dende os 5 anos. Que como é iso? Pois porque nacín en Madrid.

Xa sei que teño que contar o que significa Galicia pra min, pero para poder decilo primeiro teño que contarvos a hsitoria de como o por qué reamtei aquí, en Galicia.

Eu tiña tres aniños cando vin por primeira vez a Galicia co meu tio. Todo era moi distinto de Madrid, comezando por que había animais por todas partes (vacas, cabalos, ovellas, galiñas, gatos...). Todo eran bosques, montes e prados. Era fermoso! Cando volvín a Madrid preguntáralle aos meus pais se podíamos ir vivir a Galicia porque habíame namorado dela.

Despois de pensalo moito, acepatron e vin para aquí con 5 anos. Aprender a falar galego non me costou nada, de feito gustábame moito, facíame sentir que era unha galega pura. Que xa pertencía a un sitio, e así era, ao miña terra, meu fogar, Galicia.

Aquí teño todos os recordos da miña infancia e parte da miña adolescencia. Pódese dicir que Galicia cambioume a vida. Moitas veces, por non dicir todas as noites, pregúntome como houbese sido a miña vida se non vivira en Galicia. 

Nunca atopo resposta a esa pregunta, pero o que si sei é que non sería nin a metade de divertida e apasionante coma esta.

Xa sei que ao mellor non me entendes, o seguides sen saber a que viño a historia., pero e que non atopo outra manera de explicar o que Galicia significa pra min.

É miña terra, é meu fogar. E ainda que moita xente me di que son madrileña, e non me sinto madrileña, eu síntome GALEGA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario