lunes, 9 de noviembre de 2015

A torre de Hércules

Hola! non sei se sabedes quen sou, pero por se as moscas vos vou dar unhas pistas: Fun construida polos romanos, son moi alta e teño unha rampa/ escalera de pedra que daba acceso á miña plataforma superior. Exacto!!  Eu son.... A TORRE DE HERCULES!


Hoxe apetecíame falaros un pouco sobre a miña vida xa que ao estar sempre no mesmo sitio durante moitos, moitos anos, pois chega un momento en que un xa non sabe o que facer para eliminar o aburrimento. Asique espero que vos guste!

Para comezar nacín en Galicia, na Coruña ( aínda que iso xa o tíñades que saber), e fun construida polos romanos estratéxicamente coa función de guiar ás embarcacións que se dirixían ás illas británicas en busca de estaño, ferro e cobre.
Cando me construíron decidiron poñerme unha especie de tatuaxe moi chulo! Era unha inscrpción en latín que grazas a ela, revélase a miña existencia dende o siglo primeiro d.c.


Resultado de imagen de inscripción de la torre de hercules

E vosoutros sabiades que hai unha lenda que di que me atopo xustamente onde estaba antes a torre de Breogán, dende onde Ith, fillo de Breogán, había avistado as costas de Irlanda? Pois agora xa o sabedes.
A miña parte superior tiña unha forma circular rematada en foma de cúpula cun oquiño no centro pra a saída da luz e do fume que serviría de guía aos barcos.

Fíxate na parte superior

Hoxe en día aínda séguese conservando o meu núcleo interior, que antes servía para gardar o material combustible que ardería na parte superior, e tamén para o resguardo do persoal do servizo na torre.
Despois da desaparición do imperio romano sufrín ao longo do tempo un enorme deterioro que provocou que a miña parede exterior que me rodeaba, fora desaparecendo pouco a pouco.

Resultado de imagen de la torre de hercules antigua
VEDES??

A partir daquel momento deixei de funcionar coma un faro, e nalgún tempo convertínme en castelo. Pero despois co meu abandono total comezou a iniciarse definitivamente o progresivo deterioro.
Máis adiante, Galicia viuse atacada en numerosas ocasións, pero neses siglos, eu servín coma punto de referencia para debilitar un territorio ao que se lle da o nome de " Faro brigantio".
No siglo XIII, quedei completamente abandoada e os materiais conservados do muro exterior e da rampa  de acceso, serviron coma  cantera onde conseguir material pras edificacións.

Máis adiante chegou un momento no que xa non existía o meu muro exterior nin a miña trampa de acceso.
Resultado de imagen de la torre de hercules antes y ahora
ANTES

Resultado de imagen de la torre de hercules antes y ahora
ANTES
Resultado de imagen de la torre de hercules antes y ahora
AGORA
    

Estou segurísima de que estades desexando saber sobre a miña lenda. Pois que sepades que hai moitas, pero entre elas destaca unha; " A lenda de Gerión".
Pois veredes, fai moitos anos, nesta terra vivía un xigante que se chamaba Gerión e tiña aterrorizados a todos todos os habitantes. Entón éstes, pidéronlle axuda a unha persoa moi valente e heroica, a que sabedes quen é? pois si! era Hércules. E por suposto él aceptou a axuda.
Éste tivo a valentía de retar ao xigante  nunha batalla,  e adivinade.... o vence! Lle cortou a cabeza e sobre ela mandou construír unha torre cunha antorcha na súa cume para cerebrar a súa victoria.  E sí, esa torre son eu. 
Resultado de imagen de la cabeza de gerión
MOMENTO NO QUE HERCULES LLE CORTA A CABEZA.
Despois diso, se construíu unha vila preto do lugar, e ordenou que escribiran nela os nomes dos que a poblaban. A primeria persoa en habitar estas terras foi unha muller chamada Cruña, e ese nome bautizaría a cidade ( O crunia). 
E por iso dende 1498, no escudo da Coruña aparezo representada eu e máis a calaveira do tirano Gerión.
Resultado de imagen de escudo de la coruña
FIXADEVOS NA PARTE INFERIOR

   
Resultado de imagen de escudo de la coruña
FIXÁDEVOS NA PARTE INFERIOR


Espero que vos haia gustado moito a historia sobre a miña vida. Un biquiño!




No hay comentarios:

Publicar un comentario