domingo, 1 de noviembre de 2015

A miña experiencia coa santa compaña

En Galicia coñecense moitas lendas, mitos e contos, pero hoxe eu vos vou a falar dunha que fixo que coñecedes: a santa compaña. Pero o que os vou acontar os vai a sorprender xa que se trata da miña experiencia que tiven coa santa compaña. Isto é para demostrarvos que non se trata so dunha lenda, senón que existe de verdade. Esta anécdota que vos vou contar é un pequeno secreto que levo gardando durante anos, ata hoxe.

Eu era unha nena pequena que soía ir a recoller xastros todos os dias coa miña nai ao bosque.



 Un día, despois de rematar, de súpeto comezou a olerme a vea, a unha vea de cera, e cando a miña nai tamén o notou, comezou a poñerse nerviosa e me decía todo o rato que tíñamos que saír de alí canto antes. Eu non comprendía porqué ata que de súpeto pareceume ver ao lonxe a unhas persoas que daban medo, xa que ian cun capuchón e unha túnica negra e levaban unha cruz e moitas veas. Cada vez íanse acercando mais, e canto mas se acercaban mais medo me daban.
Rápidamente miña nai apurada e nerviosa colleu un pau e se puxo a trazar un círculo arredor nosa, e logo en voz moi baixiña púxose a rezar o padre noso. Eu non entendía porqué facía nada diso, tampouco lle dín moita importancia xa que estaba moi ocupada observando a esas persoas que estaban pasando por dainte nosa. Parecían non vernos, coma se fósemos invisibles. Miña nai chea de medo me decía que non mirara e como eu non lle facía caso, tapoume os ollos coa man, pero puden ver por un oquiño que había entre os seus dedos, e por un momento pareceume ver que unha das perosas me mirou, pero o que mais me sorprendeu era que levaba encadeada a unha velliña moi desmellorada que parecía que estaba sufrindo, e como sentín medo pechei os ollos. Cando retirou a man da miña cara xa non había ninguén, os homes das veas habían desaparecido!

Esa mesma noite cando fun ao meu cuarto, antes de meterme na cama, me puxen a rezar todo o que sabía xa que non podía olvidar a aquelas persoas que había visto no bosque, e recordei que se foran cando miña nai comezou a rezar.
Despois  de rematar metinme na cama, pechei os ollos e intentei durmir. De súpeto as ventás abríronse con moita forza.

Con moito medo pechei os ollos todavía mais forte e as ventás se pecharon así tan pronto como se habían aberto. Despois comecei a escoitar ruidos, asi que me dirixín as agochadas cara a ventá con moito medo, pero como non chegaba pra ver, collín unha cadeira e subinme a ela. Cando me asomei non o podia crer, alí estaban! os homes das velas! esperandome!

 E por si fora pouco un deles viume, e eu con moito medo volvinme a agochar, pero xa era tarde, porque unha vez que eles te ven xa non podes uír. Fun correndo pra cama, metinme debaixo das sabanas e comecei a rezar moi rápido e moi baixiño, pareime un momento e asomei un pouco a cabeza pra ver se estaban na habitación, e asi era! Había un! E coa súa man me decía que fora con él! Con mais medo todavía volvín a meterme debaixo das sabanas e seguín rezando mais rapido ata que se foran todos.
Ao seguinte dia pola mañá, cando me despertei pensei que todo fora un sono xa que non lograba comprender porqué non me levaron con eles.

Mais tarde, desois de comer, había sucedido unha cousa rarísima. Unha señora maior había morto de vellez no seu cuarto, e como todos somos veciños fumos a vela. Cando entrei coa miña nai había un grupo de velliñas ao seu arredor rezando o rosario, e tapaban á difunta. Cando porfin conseguín vela, non o podia crer! Era ela! A velliña que levaban encadeada os homes dos capuchóns no bosque! Era a mesma!
Non sabía como sentirme naquel extraño momento. Se sentir medo pola extraña coincidencia, ou porque morrera cos ollos abertos( iso nunca me gustou, xa que parecen que te están mirando), asombro, tristeza... Non sabía que sentir nese momento.
Esa mesma noite antes de irme a durmir, meu pai me contou unha lenda que trataba dunhas persoas que vagaban pola noite, se chamaban " A santa compaña". Cando rematou de contármea entendín todo, e tamén quenes eran esas persoas vestidas de negro que miña nai e mais eu nos habíamos encontrado no bosque. Eran "A santa compaña"! Todo tiña sentido entón. A partir dese momento todos os dias asómabame pola ventá pra ver se os veía, pero non, nunca mais os volvín a ver.
O sei o sei, se que queredes saber se lles contei aos meus pais esa experiencia. Pois non, nunca lles falei disto. De feito no lle falei disto a ninguén,  decidín gardar o secreto da súa existencia. 
Agora que o sabedes vos, espero que o gardedes conmigo; que nunca contedes a ninguén que eu sei que "A santa compaña" existe de verdade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario