Supoño que ao ser galego, tes que saber quenes son estes pequenos seres. Como? Que non o sabes? Pois non pasa nada. Aínda que me acabo de levar unha decepción, voute explicar quenes son.
Estes seres son duendes nocturnos pertencentes a mitoloxía galega. Son do peorciño! Son seres traviesos que durante as noites, mentres que os membros da familia están durmindo, dedícanse a revolver todos os utensilios da cociña e esconder as cousas. Non fan mais que amolar!
Respecto ao seu aspecto? Aínda que supostamente son seres invisibles, existen moitas descripcións deles, pero hai unha en especial que é a que todos coñecemos: Home pequeno, vestido cunha sotana e cornos, con longa barba e gorro vermello. Unha das suas peculiaridades é que teñen un furado na man esquerda ( Que mais adiante os contarei o eficaz que é este dato).
Tamén moitos din que teñen pernas de cabra, rabo e un so corno ou con forma de ovella, ou incluso de cerdo.
Nas antigas crenzas de Galicia, ao Trasno describíase coma un espíritu nocturno ou un demo menor que soía vivir sobre todo nas casas; ata o punto de que cando unha familia mudabase, éste se encondía entre as súas pertenzas e íase con eles.
Xa o sei xa o sei! Agora que sabedes quenes son e o que fan, fixo que vos estades preguntando: Ai mamaíña! E como sei que teño trasnos na casa? E como podo eu librarme destes seres? Non te preocupes, que agora mesmo digoche a solución.
Para saber se tes un trasno na túa casa basta con observar aos animais que tedes. Cando éstes se poñen nerviosos ou se asustan sen razón. Pero se non tes animais na casa tamén pódese saber se escoistas ruidos extraños, se se cerran as portas ou as ventás soas, se levas cargado algo nas costas e comezan a pesar de súpeto ou, por exemplo, se notas que alguén che da un azote no cú e non ves a ninguén.
O truco mas eficaz para librarte deles é deixar un vol con grans de algún cereal preto de onde durmimos o esparcir os grans polo chan.
Os trasnos teñen unha obsesión de organizar as cousas que ven desordeadas, ¡ Aínda que logo sexan eles os primeiros en poñer toda a casa patas arriba! E como non son moi listos, non saben contar ata máis de dez, entón cando chegan a ese número se perden e volven a comezar.
Acordádesvos de que antes os dixen que os trasnos teñen un furado na man esquerda, e que ese dato era moi importante?
Fíxate ben na man! |
Ao ter un furado na man, os grans caen polo furado e así conseguimos que estén entretidos toda noite e no fagan " trasnadas"
Tamén hai máis maneiras de espantar a un trasno, como por exemplo encendendo a luz, bendecir a casa, meter dentro un corno de castrón...
Outra maneira para liberarse deles; coma os elfos domésticos, é agasallándoes roupa porque senten que é unha ofensa e así abandonan a casa.
Os trasnos, axudan coas tarefas da casa, e para botalos recomendan que lles mandes facer unha tarefa imposible para que se frustren e se vaian da casa.
Pois ben, amigo meu, agora que xa sabes quenes son os trasnos, o que fan, e como podes liberarte deles xa sabes o que tes que facer, estar sempre alerta porque andan por todas partes. Por suposto, se podes, avisa aos teus amigos, familiares, etc sobre estes seres, xa que lles farás unha gran favor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario