Toda a miña familia é de orixe guineana. A miña nai namorouse alí do meu pai e decidiron ter un bebé.
Antes de que eu nacese, durante o embarazo da miña nai, un médico diagnosticárame unha enfermidade e dixeron que ía saír con algunha deformación grave e a miña nai tiña que abortar.
Os meus pais dispostos a ter o bebé negáronse en rotundo e fierin a outro médicos pero rodos dixéronlle o mesmo e non lles permitía ter ao bebé
Despois de buscar varias solucións ao final acabaron decidindo emigrar a España, a madrid. Unha vez nacido o bebé (osea eu) decidiron quedar alí vivindo, pero por problemas de traballo, papá tívose que volver a guinea Ecuatorial pero mamá decidiu quedar porque pensou que era o mellor para min.
A distancia durante tanto anos acabou provocando o divorcio. Despois diso unha irmá de mamá que tamén vivía en madrid faloulle a mamá de Galicia, diciendole queera moi bonita e que se namorou dese lugar (porque ela fora de vacacións).
Miña nai despois de pensalo durante un tempo longo decidiu viaxar a Galicia ainda que fora so por uns meses. Cando chegou alí namorouse, pero non so do fermoso lugar senón dun home que coñeceu alí, que hoxe en día é ou meu padastro.
Finalmente miña nai decidiu rematar por vivir aquí, en Galicia, polo tema de traballo e porque lle parecía un ambiente mais acolledor.
E esta é a historia de como a miña nai acabou vindo dende guinea ata aquí. Espero que vos gustase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario